jueves, 13 de noviembre de 2014

OS BOMBEIROS NO COUCEIRO

Non vos preocupedes, esta nova entrada non significa que houbera un incendio no cole.
O que aconteceu é que tivemos unha visita moi especial, uns axentes forestais viñeron a contarnos en que consiste o seu traballo, explicáronnos cales son as cinco regras básicas para coidar os bosque e previr incendios e tamén nos ensinaron os seus traxes e as ferramentas que empregan para apagar o lume.
Pero a visita non rematou aquí, tamén trouxeron un camión de bombeiros e nos ensinaron como apagan o lume nos bosques coa mangueira.
A frase da bolboreta Teo " Es lo mejor que he visto en mi vida" podería resumir perfectamente a emoción que creou en nós esta visita inesperada.
 
      
    
     

2 comentarios:

  1. Quedaron impresionados cos bombeiros! Iago foi o primeiro que me contou ao chegar á casa. Que ben o pasaron!

    ResponderEliminar
  2. Esta moi ben que aprendan a coidar o entorno e as precaucions que deben tomar. Noa tamen veu encantadisima,ainda que creo que falaron moito e non deu tempo a ver todo jajaja

    ResponderEliminar