jueves, 24 de abril de 2014

XA ESTÁN AQUÍ OS VERMIÑOS DE SEDA!

Dende o día que comezou a primavera estivemos esperando moi impaciente aos vermiños de seda.
Onte, chegou o momento, dos ovos que gardaramos o ano pasado por fin saíron algúns vermiños.
Pero aínda son larvas e moi, moi pequeniños, estamos desexando collelos, pero teremos que esperar a que medren un pouco, comendo moita moreira, para poder facelo.
Pouco a pouco iremos observando e contándovos que sucede, se estas larviñas finalmente chegan a converterse nunhas fermosas bolboretas.


Agradeceríamos ás familias que nos axudarades a alimentar a estas larviñas, traendo folliñas de moreira. Moitas grazas 

ÁLBUM BILINGÜE "OS BICHIÑOS"

O trimestre pasado convertémonos en exploradores grazas a profe Marga. 
Os corredores do cole enchéranse de bichiños e coa súa axuda conseguimos atopalos todos para poder completar un grande álbum. Mentres os atopabamos iamos aprendendo os seus nomes, en castelán, galego e en inglés. Finalmente conseguimos completar o álbum con estes pequenos animaliños e a profe obsequiounos cun agasallo moi especial por ser tan bos exploradores.