lunes, 31 de marzo de 2014

PARABÉNS ÁLVARO!

Por fin chegou un día moi esperado para Álvaro, a celebración do seu aniversario no cole ( todos os días na asemblea tiñamos que contar cantos días faltaban ). Álvaro xa ten 5 aniños e pasámolo xenial comendo torta e unhas galletas moi ricas e orixinais e bailando.


Grazas á familia de Álvaro, estaba todo boísimo.

OS NOSOS BULBOS

A familia da nosa compañeira Sofía da clase dos xirasoles fíxonos un agasallos moi especial. Trátase duns bulbos, unhas macetas e un pouquiño de terra. Todo o necesario para poñernos a plantar. Agora toca regalos e coidalos, para observar a fermosa flor que esperamos que apareza.



DÍA DA POESÍA

Fai uns días comezou a primavera e con ela chegou tamén o "día da poesía". No cole quixemos conmemoralo xuntándonos todo o alumnado no salón de actos. Este ano adicado a dúas persoas moi importantes: por un lado a Rosalía de Castro e polo outro a Ramiro Fonte e á súa obra " o xardín do pensamento" que da nome á nosa biblioteca.



lunes, 17 de marzo de 2014

COCIÑEIROS POR UN DÍA E VISITA AO MERCADO

Seguimos aprendendo sobre a alimentación e por iso a semana pasada tivemos dúas actividades relacionadas co tema. Por unha parte o martes convertémonos en cociñeiros para elaborar unha parva moi rica e saudable, unha macedonia, pasámolo moi ben preparando todo e o resultado foi como dicía a bolboreta Teo "exquisito".


 E aproveitando que preto do noso cole encontrase o mercado, o xoves fixemos unha pequena visita. Tivemos a sorte de contar con Cristina a mamá de Cris a nosa compañeira das tartarugas, que fixo de guía por todo o mercado. Grazas a ela coñecemos os distintos postos do mercado e os alimentos que alí atopamos. Ademais preparounos un xogo con preguntas sobre curiosidades dalgúns destes alimentos. Aprendemos moitísimo e pasámolo moi ben.
Moitísimas grazas Cristina, fixeches que gozaramos dunha visita moi divertida.

miércoles, 12 de marzo de 2014

O ENTROIDO REMATOU

Aínda que con moita pena, o entroido rematou por este ano. Pero o último día pasámolo moi ben. O xoves volvemos a vir disfrazados ao cole, esta vez do que máis nos gustaba. E para finalizar o día xuntámonos con todos os compañeiro do cole para queimar o entroido e despedirnos ata o ano.
 Xa estamos desexando empezar de novo.

miércoles, 5 de marzo de 2014

OS LEÓNS DO COUCEIRO FREIJOMIL

O venres, chegou o gran día e o Couceiro converteuse nun gran circo. Os leóns por fin puideron ruxir. Aínda que o tempo non nos acompañou para poder lucir os nosos disfraces polas rúas de Pontedeume foi un día moi especial.
Moitísimas grazas as familias pola colaboración.




A FESTA DOS MANDADIÑOS

O xoves, viñemos ao cole disfrazados con todos os mandadiños de Manolo. Estábamos moi guapos e para celebralo tivemos unha parva diferente, con doces típicos do entroido.
Estaba todo moi rico.


APRENDENDO SOBRE OS ALIMENTOS

Durante as últimas semanas na clase estamos aprendendo moito sobre os alimentos. E para reforzar esta aprendizaxe, o xoves tivemos a visita de Alicia, a mamá de Antón o compañeiro da clase das tartarugas. Alicia é dietista nutricionista, e sabe moitísimo sobre o tema. Axudounos a coñecer moito máis sobre como debemos alimentarnos e reforzamos o aprendido na clase da pirámide alimenticia a través dun xogo, no que creamos unha grande pirámide.


Moitas grazas Alicia.