lunes, 25 de febrero de 2013

A SORPRESA DE BRUNO

 






Hoxe, o noso compañeiro Bruno, sorprendeunos con algo moi especial.
Tratábase dun novo animaliño, un tritón, que visitou a nosa clase.
Gustounos moito Bruno, moitas grazas ós papis.

AS PRIMEIRAS BOLBORETAS CON 4 ANIÑOS

O venres, celebramos o aniversario dos maiores da clase. Iago, Paulo e Roi xa teñen 4 anos... E como non podía ser de outra maneira, fixemos unha gran festa. puxémonos as botas con esa torta de peixiño tan chula.
Grazas ás familias pola colaboración.


viernes, 22 de febrero de 2013

O CORPO

Nos últimos días, as bolboretas, estamos moi entusiasmadas por aprender cousas novas do noso corpo. Na clase, xa aprendemos algunha cousiña, pero seguemos a ter moitas dúbidas. Temos a misión de traer información ( libros, revistas, folletos, cancións, referencias de internet,...) que axude a que poidamos aprender moito do corpo. E como a nós, ás veces, esquécesenos preguntar cando chegamos a casa, pedimos ásfamilias que nos axuden un pouquiño, para poder conseguilo.
Deixámosvos esta imaxe, que vos podería servir de guía para axudarnos.
Moitas grazas por anticipado.


NOVAS CARTAS DE NUMERETE

Esta semana tivemos novas noticias do noso amiguiño Numerete. Primeiro, contounos as súas aventuras no planeta número 2, onde pasou grandes momentos acompañado de dous calcetíns, dúas luvas, dous zapatos e dous pendentes . Pero a cousa non quedou así, dous días despois, volvemos a escoitar ruídos e ó abrir a porta da clase, encontrámonos unha nova carta e un paquete. Sorprendémonos moitísimo... e ó abrir a carta e o paquete descubrimos un regalo moi especial, tratábase dunha amiguiña de Numerete que quere quedarse con nós. É unha bolboreta, coma nós, e decidimos que se chamara "Chispita". A partir de agora, xa somos 21 bolboretas.

                        

sábado, 16 de febrero de 2013

DESPEDIDA DO ENTROIDO

Por este ano, o entroido chegou ó seu fin. Pero no Couceiro quixemos facerlle unha boa despedida. E as aulas de infantil volveron a encherse de disfraces, esta vez cada neno trouxo o disfrace que máis lle gustaba. Foi moi divertido, na nosa clase había romanos, superheroes, unha bruxa, un policía,... 
E para finalizar ben a xornada, xuntámonos cos demais compañeiros do cole, esta vez no patio de arriba e todos xuntos cantando o "xa morreu, xa morreu..."  entre bágoas, despedimos o entroido. Iso si, só ata o ano que vén...

miércoles, 13 de febrero de 2013

OS APICULTORES

O venres, moitos apicultores inundaron as rúas de Pontedeume. Si, algúns eramos nós, as bolboretas, que por un día convertémonos en apicultores, rodeados de abellas. Despois de tantos ensaios cremos que o fixemos moi ben, non?


Mirade que guapos estabamos... 



Moitas grazas as familias pola creación destes disfraces tan chulos. E en especial a eses papis e mamis que nos apoiaron neste día tan importante para nós.

lunes, 11 de febrero de 2013

CELEBRANDO O ÚLTIMO MANDADIÑO

O xoves chegamos ó cole co último mandadiño do esqueleto Manolo. Con gravata, medias de cores, a cara pintada e sombreiro... mirade que pallasos máis guapos.



E para celebrar o remate dos mandadiños de Manolo... que mellor maneira que unha gran comellona con produtos típicos de entroido, e despois a xogar e bailar. Estaba todo riquísimo, as bolboretas puxémonos as botas. Moitas grazas as familias por estes doces.

UN CONTO ESPECIAL

Encántanos que os mércores os nenos e nenas maiores do cole veñan a lernos contos, pero este foi moi especial, pois foi Bea, a irmá da bolboreta Paula, a encargada desta tarefa. Moitas grazas Bea, gustounos moito o conto.


miércoles, 6 de febrero de 2013

ÚLTIMO MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO

Este Manolo... quería converternos en pallasos. Entre a gravata, as medias de cores e a cara pintada, só faltaba o último mandadiño:  " E para ser o pallaso que máis mola, o xoves pon algo na cachola"
Mentres decidimos que traemos mañá nas cabezas, para ser uns pallasos de verdade, podemos ver o guapos que viñemos hoxe ó cole.



martes, 5 de febrero de 2013

3º MANDADIÑO

Manolo segue a facer das súas... e para mañá un novo mandadiño: " O mércores o nariz e as meixelas pintarás, e da festa gozarás"


Como chegarán mañá as bolboretas ó cole, con esa nariz e meixelas pintadas?
 Hoxe estaban moi guapos coas gravatas e as medias de cores, verdade?


lunes, 4 de febrero de 2013

O 2º MANDADIÑO DE MANOLO

Hoxe, todas as bolboretas cumprimos co primeiro mandadiño do esqueleto Manolo. Nesta foto podedes ver que elegantes chegamos ao cole coas nosas gravatas.


Pero Manolo, aínda segue a facer das súas e para mañá temos o segundo mandadiño: " O martes ata os xeonllos as pernas taparás, e unhas medias de cores levarás"



Con que nos sorprenderá mañá este esqueleto?

viernes, 1 de febrero de 2013

O ESQUELETO MANOLO E O PRIMEIRO MANDADIÑO

Coa chegada do entroido, aparece polo cole, o esqueleto Manolo. E hoxe, as bolboretas, visitámolo porque tiña algo que ensinarnos, o primeiro mandadiño: "O luns para comezar, unha divertida gravata has de levar"


DÍA DA PAZ

A pesar da choiva, o xoves, puidemos celebrar o Día da Paz. Comezamos a celebración coa interpretación da banda sonora de "Carros de fuego", polo alumnado de 6º de primara; e despois de escoitar o manifesto pola paz, todos os nenos e nenas do cole puidemos cantar e bailar xuntos, a canción africana que nos ensinou a profe Lara, "Jambo Bwana". 
Moitas grazas a familias pola participación neste día tan especial.