miércoles, 30 de enero de 2013

PREPARADOS PARA O ENTROIDO?

Xa queda moi pouquiño, para que as bolboretas, celebren o seu primeiro entroido no cole. Como podedes ler na nota informativa que hoxe levamos para a casa, este ano, a temática elixida foi a das profesións. E todos os nenos e nenas de infantil converterémonos por un día en APICULTORES.

Recordarvos que para o disfrace levaremos roupa branca, luvas e sombreiro. Aproveitade cousas que teñades na casa, e non merquedes nada. E nuns días darémosvos uns adornos que as bolboretas farán na clase, para que poidades coser ao disfrace.

Déixovos aquí unha imaxe, que espero que vos serva de inspiración.